miércoles, 9 de enero de 2013

Volta da Escola de Maiores despois do periodo vacacional de Nadal.

Despois das vacacións de Nadal, a Escola de Maiores de Bertamiráns retoma á súa actividade nas clases destinadas para eles.
Aparte das clases que imparte Antonia ós seus alumnos, tamén comenzan ás clases de informática con estes maiores.
Estas clases de informática cos maiores impartense tódolos mércores en horario de 16:30 a 17:30 na Aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Vou publicar unhas fotos destas aplicadas alumnas no primeiro día de clase despois das vacacións de Nadal.

As participantes da Escola de Maiores durante o primeiro día de clase na Aula CeMIT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario